Programa1424
Manage episode 449292306 series 2775978
コンテンツは Podcast de Corcovadomusica によって提供されます。エピソード、グラフィック、ポッドキャストの説明を含むすべてのポッドキャスト コンテンツは、Podcast de Corcovadomusica またはそのポッドキャスト プラットフォーム パートナーによって直接アップロードされ、提供されます。誰かがあなたの著作物をあなたの許可なく使用していると思われる場合は、ここで概説されているプロセスに従うことができますhttps://ja.player.fm/legal。
Edición número 1424 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o venres 8 de novembro a través de RKV Radio Vigo, e o sábado 9 na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 13 a través de Radio Crónica Folk Musical e o sábado 16 na sintonía de Rádio Filispim. “Ventre unique”, o novo disco da Orchestre Tout Puissant Marcel Duchamp, xa está aquí. Foi editado oficialmente o pasado 1 de novembro a través do selo suízo Bongo Joe. Contén unha síntese máis que inqueda entre pop, kautrock, jazz, blues e actitude punk. Con el abrimos o programa desta fin de semana, un programa centrado en sinxelos recentemente publicados. Algúns adiantan discos que, sen dúbida, van ser proxectos destacados na recta final do presente 2024 —Mocho Gris, Catuxa Salom, Sonic Interventions—. Outros funcionan como pezas independentes que, quizais, sirvan como introdución a discos futuros —Martín Buscaglia & Julieta Rada, Guada—. Na parte final do programa descubrimos “Alva”, a nova gravación da veterana artista sami Mari Boine.
…
continue reading
70 つのエピソード