Programa1411
Manage episode 422684826 series 2775978
コンテンツは Podcast de Corcovadomusica によって提供されます。エピソード、グラフィック、ポッドキャストの説明を含むすべてのポッドキャスト コンテンツは、Podcast de Corcovadomusica またはそのポッドキャスト プラットフォーム パートナーによって直接アップロードされ、提供されます。誰かがあなたの著作物をあなたの許可なく使用していると思われる場合は、ここで概説されているプロセスに従うことができますhttps://ja.player.fm/legal。
Edición número 1411 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o venres 7 de xuño a través de RKV Radio Vigo, e o sábado 8 de xuño na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 12 de xuño a través de Radio Crónica Folk Musical. Arrancamos o programa en clave lusófona co último EP de Tagua Tagua, alterego artístico do músico de São Paulo Felipe Puperi. A seguir, estéovos o primeiro sinxelo extraído de “Ela partiu”, o primeiro traballo de Laíz. Laíz é natural de Jundiaí, mais reside en Alemaña dende hai algúns anos. Coa colaboración da banda The New Love Experience ofrécenos unha fusión inqueda entre hip hop, groove, trap, afrobeat e tropicalismo. O disco será editado por Agogo Records en setembro. Completamos o primeiro bloque do programa dende Portugal con “Maré”, proxecto multidicisplinar que homenaxea o traballo da xente do mar. Na segunda parte do programa escoitamos os novos dicos de Liraz e The Zawose Queens, ademais de familiarizarnos con diferentes sinxelos, todos eles adiantos de discos que serán publicados nas vindeiras semanas. É o caso das novas cancións da banda colombiana Meridian Brothers, quen seguen ben asentados na fusión entre pop, psicodelia e highlife. O seu novo disco, “Mi Latinoamérica sufre”, será oficialmente editado o vindeiro 12 de xullo. Completamos o programa con “Zero”, o novo disco de Forest Law, e con “Gran’s House”, EP producido polo DJ de Bristol Jay Singh para X, subselo de Real Worlds Records.
…
continue reading
70 つのエピソード