To give you the best possible experience, this site uses cookies. Review our Privacy Policy and Terms of Service to learn more.
理解しました
Player FM - Internet Radio Done Right
Checked 12M ago
Adicionado há cinco anos atrás
コンテンツは A Tribo Radio によって提供されます。エピソード、グラフィック、ポッドキャストの説明を含むすべてのポッドキャスト コンテンツは、A Tribo Radio またはそのポッドキャスト プラットフォーム パートナーによって直接アップロードされ、提供されます。誰かがあなたの著作物をあなたの許可なく使用していると思われる場合は、ここで概説されているプロセスに従うことができますhttps://ja.player.fm/legal。
Player FM -ポッドキャストアプリ Player FMアプリでオフラインにしPlayer FMう!
Chris Nowinski is a former football player at Harvard University and professional wrestler with WWE, World Wrestling Entertainment. After enduring a career-ending head injury, Chris has dedicated his professional life to serving patients and families affected by brain trauma, particularly Chronic traumatic encephalopathy, or CTE, a progressive neurodegenerative disease that develops after repeated head injuries. Jay and Chris discuss the state of head injuries in American athletics, the difference between advocating for head safety at youth and professional levels, Chris’ newest research, and much more. Episode Chapters (00:00) Intro (00:50) changes in the culture around concussions in the past two decades (02:39) padded helmet technology (03:55) concussion reporting in the NFL (10:35) Chris’ career path and concussion history (14:52) connecting with activists who haven’t themselves suffered a traumatic brain injury (17:42) SHAAKE - a new sign to identify concussions (20:53) Unions can help players advocate for safety policies (23:10) final thoughts and goodbye For video episodes, watch on www.youtube.com/@therudermanfamilyfoundation Stay in touch: X: @JayRuderman | @RudermanFdn LinkedIn: Jay Ruderman | Ruderman Family Foundation Instagram: All About Change Podcast | Ruderman Family Foundation To learn more about the podcast, visit https://allaboutchangepodcast.com/…
コンテンツは A Tribo Radio によって提供されます。エピソード、グラフィック、ポッドキャストの説明を含むすべてのポッドキャスト コンテンツは、A Tribo Radio またはそのポッドキャスト プラットフォーム パートナーによって直接アップロードされ、提供されます。誰かがあなたの著作物をあなたの許可なく使用していると思われる場合は、ここで概説されているプロセスに従うことができますhttps://ja.player.fm/legal。
A TRIBO é un programa de radio deseñado específicamente para Internet, que emerxe desde o confinamento, para dar voz a toda esa comunidade que aspira a unha sociedade crítica, sensible ás necesidades das máis desfavorecidas, aos cambios sociais, ao medio ambiente, á ciencia, á cultura. Un espazo onde atoparnos, tecer redes e complicidades. A TRIBO nace coa vontade de confluír con aquelas organizacións sociais, medios de comunicación, entidades e persoas que soñan cunha sociedade máis xusta e igualitaria. __ O equipo REALIZACIÓN Xosé Antón Bocixa COORDINACIÓN Verónica Álvarez DESEÑO GRÁFICO Laura Romero PRODUCIÓN Tingalaranga WEB Touda COMUNICACIÓN Rosabel Candal __ Entra na TRIBO e convida tamén ás túas amizades a que o fagan. Aquí tes máis informacion www.atribo.gal twitter.com/ATriboRadio https://www.facebook.com/ATriboRadio
コンテンツは A Tribo Radio によって提供されます。エピソード、グラフィック、ポッドキャストの説明を含むすべてのポッドキャスト コンテンツは、A Tribo Radio またはそのポッドキャスト プラットフォーム パートナーによって直接アップロードされ、提供されます。誰かがあなたの著作物をあなたの許可なく使用していると思われる場合は、ここで概説されているプロセスに従うことができますhttps://ja.player.fm/legal。
A TRIBO é un programa de radio deseñado específicamente para Internet, que emerxe desde o confinamento, para dar voz a toda esa comunidade que aspira a unha sociedade crítica, sensible ás necesidades das máis desfavorecidas, aos cambios sociais, ao medio ambiente, á ciencia, á cultura. Un espazo onde atoparnos, tecer redes e complicidades. A TRIBO nace coa vontade de confluír con aquelas organizacións sociais, medios de comunicación, entidades e persoas que soñan cunha sociedade máis xusta e igualitaria. __ O equipo REALIZACIÓN Xosé Antón Bocixa COORDINACIÓN Verónica Álvarez DESEÑO GRÁFICO Laura Romero PRODUCIÓN Tingalaranga WEB Touda COMUNICACIÓN Rosabel Candal __ Entra na TRIBO e convida tamén ás túas amizades a que o fagan. Aquí tes máis informacion www.atribo.gal twitter.com/ATriboRadio https://www.facebook.com/ATriboRadio
Programa especial da TRIBO RADIO no Armadiña Rock 2020, confinado pero co espírito de sempre. Desde a Praza da Chousa (Combarro – Poio) falamos de festivais, activismo cultural, traballo comunitario, financiamento, participación social, voluntariado e coñecemos o impacto sociocomunitario nas vilas onde teñen lugar festivais como o Armadiña Rock, Pardiñas, Millo Verde, Canteira Fest, Morrasound Rock Fest e Agrocuir da Ulloa. Comezamos o programa con Tamara Andrés, escritora, tradutora e veciña de Combarro. Conversamos con integrantes da directiva da ACD Armadiña: Luz Fontán, presidenta, Almudena Acuña, secretaria e Manuel Pastoriza, vogal e falamos con Xurxo Souto, escritor e músico; Puri e Peli, veciñes de Combarro e Patricia Hermida, productora e distribuidora de bandas de rock. Debate entre asociacións sen ánimo de lucro que organizan festivais: Nico, do Festival Millo Verde; Rafa, do Canteira Fest; Nel, do Morrasound Rock Fest; Martiño, Pedro e Laura, da Asociación Cultural Xermolos (Festival de Pardiñas); Adrián e Braulio, do Colectivo Agrocuir da Ulloa. Tamén contamos coa colaboración de Sés, cantora; Merche e Patricia, cantareiras da ACD Armadiña; Xosé Constenla, cantautor; Paula Herrero, vocalista e compositora do grupo Hig Paw e despedimos o programa con Fernado Llor (guionista) e Pablo Prado (ilustrador), autores da banda deseñada “O último Festi”, unha obra sobre o Festival Armadiña. O programa complétase coa música de Cássia Eller, Monoulious Dop, Sés, Som do Galpom, Os Diplomáticos de Monte-Alto, Agoraphobia, La Pegatina, Heredeiros da Crus, Xosé Constenla e High Paw. Entra na TRIBO e convida tamén ás túas amizades a que o fagan. Aquí tes máis informacion www.atribo.gal twitter.com/AtriboRadio https://t.me/ATriboRadio https://www.instagram.com/atribo.gal/ https://www.facebook.com/ATriboRadio O equipo REALIZACIÓN Xosé Antón Bocixa COORDINACIÓN Verónica Álvarez DESEÑO GRÁFICO Laura Romero COMUNICACIÓN Rosabel Candal SUPERVISIÓN Duarte Crestar PRODUCIÓN Tingalaranga REALIZACIÓN WEB AsociaciónTouda…
Neste programa da TRIBO RADIO participan activistas do movemento ecoloxista galego coas que falamos da contaminación das augas, da emerxencia climática e das secas. Coñecemos alternativas eficientes adaptadas á realidade galega, preguntámonos por que é importante que os ríos flúan libremente e como reducir o noso consumo de auga. Contamos con Verónica Torrijos, bióloga e activista de ADEGA; Alba Pazos, activista do colectivo Auga Limpa Xa; Manuel García, labrego e membro de MEL (Movemento Ecoloxista da Limia); Pablo Gómez, biólogo e membro da Plataforma pola Recuperación do Sar; Antón Masa, Presidente da APDR (Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra); Isabel Torres, activista do colectivo “A Rente do Chan” e Xandro García, biólogo mariño, activo en RRSS sobre temáticas do medio mariño baixo o nome Mar Abaixo e coas voces de Adela Figueroa, poeta e activista; Celso Sanmartín, actor e contador de historias; Xoana, música; María de Paloi, música instrumentista catalá e Inés, Estela, Marcela, Andrea e Xiana, de A Banda da Loba. O programa complétase coa música de Bia Ferreira, Albert Pla, Xoana, Najla Shami, Mano Negra, Manu Chao, Moun Qup, María de Palol, Xenderal_Nitram_Mou, Camarón de la Isla, Youssou Ndour + Neneh Cherry, Mariana Aydar e A Banda da Loba. Entra na TRIBO e convida tamén ás túas amizades a que o fagan. Aquí tes máis informacion www.atribo.gal twitter.com/AtriboRadio https://t.me/ATriboRadio https://www.instagram.com/atribo.gal/ https://www.facebook.com/ATriboRadio O equipo REALIZACIÓN Xosé Antón Bocixa COORDINACIÓN Verónica Álvarez DESEÑO GRÁFICO Laura Romero COMUNICACIÓN Rosabel Candal SUPERVISIÓN Duarte Crestar PRODUCIÓN Tingalaranga REALIZACIÓN WEB AsociaciónTouda…
Este programa da TRIBO RADIO está adicado ao TURISMO. Falamos das súas orixes, da industria, da globalización da mobilidade e do monocultivo turístico e reflexionamos sobre o turismo de proximidade, industrial, rural ou inclusivo. Coñecemos novas propostas como “domesticar o turismo” e preguntámonos se é posíbel un turismo ecosostíbel. Contamos co músico O Leo; coa poeta Petri Daza; con Iago Lestegás, Doutor, arquitecto e consultor de planificación urbana e territorial; con Ana González, Xerente da Casa Lourán (Turismo Rural nas Restrebas, concello de Monfero); con José A. Cortés, Profesor de Socioloxía na UDC; con Miguel Pazos, Profesor de Xeografia Humana na USC e director do Centro de Estudos Turisticos da USC; con Mercedes Vázquez, Historiadora, Investigadora e Socia da empresa DeHistoria, Cultura, historia e patrimonio; con Xosé Manuel Barros, do Colectivo Mar de Fábula (Camelle); con Bárbara Ramos, Traballadora no sector aéreo; con Sonia Hermida, Xornalista, Autora do blogue soniahermida.com, Comunicadora especializada en infancia, educación e diversidade e con Marta Bóo, Socia e traballadora de Cousas da Terra Cooperativa. Tamén contamos con Alberto Rodríguez, investigador no Centro de Investigaçao de Territorio, Transportes e Ambiente na Universidade de Porto; con Iria Caamaño, docente e investigadora, consultora turística e guía oficial de Turismo de Galicia; con Rubén Lois, Catedrático de Xeografia na USC; con Xerardo Pereiro, Profesor de Antropoloxía na Universidade de Trás-Os-Montes e Alto Douro (Portugal) e coas voces de Lucía Álvarez, da Plataforma ‘Salvemos O Iribio’ e de ADEGA e con Alejandra Plaza, Xornalista e Fotógrafa (nacida en Cabana de Bergantiños e residente en Zúrich e Frankfurt). O programa complétase coa música de Ataque Escampe, O Leo, Vodoo, Ugia Pedreira/Pier El Gabacho, Celtas Cortos, Rosalía, Isabel Rei Sanmartin, Dirty Barriguitas, Uxía, Aid, Xoana e Zaz. Entra na TRIBO e convida tamén ás túas amizades a que o fagan. Aquí tes máis informacion www.atribo.gal twitter.com/AtriboRadio https://t.me/ATriboRadio https://www.instagram.com/atribo.gal/ https://www.facebook.com/ATriboRadio O equipo REALIZACIÓN Xosé Antón Bocixa COORDINACIÓN Verónica Álvarez DESEÑO GRÁFICO Laura Romero COMUNICACIÓN Rosabel Candal SUPERVISIÓN Duarte Crestar PRODUCIÓN Tingalaranga REALIZACIÓN WEB AsociaciónTouda…
Presente e futuro do noso medio rural. Reflexionamos sobre o actual proceso de desagrarizacion, perda de poboación e de servizos para aquelas persoas que habitan o medio rural. Achegámonos a diferentes propostas para recuperar ese territorio e manter un medio rural vivo e analizamos como podemos repensar a nosa relación co territorio para que non desapareza. Contamos con Henrique Mariño, Xornalista, carballés, traballa no “Diario Público” en Madrid; Tamara Andrés, Poeta e Tradutora (Combarro); Xosé Antonio Touriñán, Actor e Humorista (Culleredo) e Tania Arias Cancelinha, Historiadora e Arqueóloga (Pantón). Entrevistamos a Raimundo Otero, profesor na Facultade de Socioloxía da UDC; a Francisco Quiroga, Investigador e Membro da Rede Revolta; a Bibiana Martinez; Antropóloga e Doutora en Antropoloxía Social pola Universitat de Barcelona e a Manuel Docampo, profesor de Estrutura e Cambio Social e Socioloxía Urbana e Ordenación do Territorio na UDC. Ademais temos as colaboracións de Xosé Luís Carreira, Coordinador da queixería “Arqueixal” e Promotor do Evento Son d’aldea en Santiago de Albá (Palas de Rei); Noemí Vázquez, da “Arca de Noe” (Vilar de Santos); Paco Gallego, Filólogo e Traballador en Comunicación Dixital; Camille Hédouin (tamén coñecida como Mounqup), Bretoa, Compositora, Cantante e residente na aldea Saumede (A Bola). O programa complétase coa música de Samarúas, Vodoo, Guadi Galego, Eladio y los Seres Queridos, Luar na Lubre, Espazo de Gargayu, Xocaloma, Tu Mujer nos Engaña, Tanxugueiras, Moun Qup, O Leo e Nova Galega de Danza. Entra na TRIBO e convida tamén ás túas amizades a que o fagan. Aquí tes máis informacion www.atribo.gal twitter.com/AtriboRadio https://t.me/ATriboRadio https://www.instagram.com/atribo.gal/ https://www.facebook.com/ATriboRadio O equipo REALIZACIÓN Xosé Antón Bocixa COORDINACIÓN Verónica Álvarez DESEÑO GRÁFICO Laura Romero COMUNICACIÓN Rosabel Candal SUPERVISIÓN Duarte Crestar PRODUCIÓN Tingalaranga REALIZACIÓN WEB AsociaciónTouda…
Neste programa da TRIBO RADIO falamos sobre que modelo enerxético queremos. Achegámonos a diferentes propostas cara un modelo máis ecolóxico e sustentábel, reflexionamos sobre como reducir o consumo de enerxía, promover a socialización das renovábeis e preguntámonos como ordenar a industria extractiva con criterios sociais e ambientais. Contamos co escritor Manolo Rivas; coa poesía de Arancha Nogueira; con María José Grovas, de Nosa Enerxía; Manuel Santos, de Greenpeace; Xosé Veiras, de Ecoloxistas en Acción; Fins Eirexas, de ADEGA e Rosa María Regueiro, profesora de economía na USC. Tamén contamos coas colaboracións de Xoán Ramón Doldán, da asociación “ Véspera de nada. Por unha Galicia sen petróleo”; Raquel, da Ghentalha do Pichel; Tomi, de Radio Cuac, as voces de Mayra Andrade, desde Brasil; Toni, desde Inglaterra e Verónica Ramilo, desde Barcelona e os saúdas de coas voces de Garchu, de Ezetaerre; Mou; Sokran; Jamaica e Murdok, de Dios Ke te Crew e Zeltia. O programa complétase coa música de Mayra Andrade (Afeto), Quempallou + DKTC (Ninguén), EZETAERRE (A herdanza do vento), Zeltia + Irevire (Lar de Cinza), Dios Ke Te Crew (Reinicio), UXÍA (A tribo máxica), Zënzar (Todo se extingue e Maruxa) e O Leo (A Tribo). Entra na TRIBO e convida tamén ás túas amizades a que o fagan. Aquí tes máis informacion www.atribo.gal twitter.com/AtriboRadio https://t.me/ATriboRadio https://www.instagram.com/atribo.gal/ https://www.facebook.com/ATriboRadio O equipo REALIZACIÓN Xosé Antón Bocixa COORDINACIÓN Verónica Álvarez DESEÑO GRÁFICO Laura Romero COMUNICACIÓN Rosabel Candal SUPERVISIÓN Duarte Crestar PRODUCIÓN Tingalaranga REALIZACIÓN WEB AsociaciónTouda…
Neste programa achégamonos ás Redes de Apoio Mutuo que nacen para afrontar problemas ocasionados pola pandemia. Falamos sobre coidados e reflexionamos sobre economía solidaria. Contamos co músico Nacho Gharbanzo; coa escritora Emma Pedreira; con Marta Bóo, Presidenta de REAS GALICIA; con Loli Patiño e Diego, coordinadoras do Grupo de Apoio Mutuo da Coruña; con Rosa Gallego, do grupo de traballo ‘Cose na Casa’; David Ordás, do grupo de Cicloloxística dos GAM e con Concha Rey, voluntaria do Banco de Alimentos Rías Altas. Tamén contamos coas colaboracións de Begoña de Bernardo e Laura Rey, coas que falaremos sobre coidados e cooperación e coas voces de Lois Castro, Gabriela, Angela, Eyner, Javier e Alexis. O programa complétase coa música de Gharbanzo Neghro (Na Galiza da Festa), Nacho Gharbanzo (Somriu), A Banda da Loba (Bailando as rúas), Zënzar (Todo se extingue, Paranoia e Incomunicados), Baiuca (Morriña), Sofía Espiñeira (A vida contemplativa), Magín Blanco ( O Amigo Invisible), Fausto (Uns vao bem e outros mal), Lydia Botana (Quen nos queima), O´Leo de Matamá (A Tribo na que vivo) Su Garrido Pombo (Pecados e Quedo a vivir aquí), María Arnal e Marcel Bages (Canción Total). Entra na TRIBO e convida tamén ás túas amizades a que o fagan. Aquí tes máis informacion www.atribo.gal twitter.com/AtriboRadio https://t.me/ATriboRadio https://www.instagram.com/atribo.gal/ https://www.facebook.com/ATriboRadio O equipo REALIZACIÓN Xosé Antón Bocixa COORDINACIÓN Verónica Álvarez DESEÑO GRÁFICO Laura Romero COMUNICACIÓN Rosabel Candal SUPERVISIÓN Duarte Crestar PRODUCIÓN Tingalaranga REALIZACIÓN WEB AsociaciónTouda…
Neste programa achegámonos á Renda Básica Universal, escoitamos as propostas de organizacións defensoras deste novo dereito humano, traballadoras dos servizos sociais e persoas en situación de pobreza, ao tempo que nos preguntamos sobre as medidas económicas que deberían axudar a reducir as desigualdades sociais. Contamos coa artista Mercedes Peón; co profesor da Facultade de Económicas da USC, Adrián Dios; co educador social e membro do Colectivo Cidadáns pola RBU, Rodri Gil; con Javier Pérez, activista da Rede Europea contra a Pobreza e a Exclusión Social; e Eva López, técnica de Servizos Sociais Comunitarios. Así como con testemuñas tiradas do documental (aínda por estrear): A vivenda un ben social?; un proxecto audiovisual producido polo Colexio de Traballo Social de Galicia; realizado por Sagrario Fernández e Xosé Bocixa. Tamén contamos coas colaboracións de Julia Vázquez, veciña de Anxeriz; coas expatriadas Ana González, María Novas e Martín Loureiro; e coas voces de Marga Quintela, Rochi Nóvoa, Pepa, Eva, José Manuel Menéndez, Sandra, Isa, Anima e Sebas Anxos. O programa complétase coa música de Mercedes Peón (Paralá), Machina + Leo Arremecágonha (Desescribir), Isma Khalo (A quen lle importa), Sumrrá (Minoría Absoluta), Branca Villares ( Xente sen casa), Ánima (Trincheira-One-Shot), Machina (Liberdade, A obrigación da implicación) e Ataque Escampe (Desde o céu com amor). Entra na TRIBO e convida tamén ás túas amizades a que o fagan. Aquí tes máis informacion www.atribo.gal twitter.com/AtriboRadio https://t.me/ATriboRadio https://www.instagram.com/atribo.gal/ https://www.facebook.com/ATriboRadio O equipo REALIZACIÓN Xosé Antón Bocixa COORDINACIÓN Verónica Álvarez DESEÑO GRÁFICO Laura Romero COMUNICACIÓN Rosabel Candal SUPERVISIÓN Duarte Crestar PRODUCIÓN Tingalaranga REALIZACIÓN WEB AsociaciónTouda…
Neste primeiro programa contamos coas voces de persoas pertencentes a diferentes ámbitos, que reflexionan sobre o momento actual que vivimos a nivel social, económico, sanitario, cultural, medioambiental e psicolóxico. Contamos co actor Carlos Blanco; a secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba; a escritora e filósofa Rebeca Baceiredo; con Ana María Núñez Rubines, coordinadora do Grupo de Intervención Psicoloxía en Catástrofes e Emerxencias do Colexio de Psicoloxía da Galiza; con Iago Lestegás Tizón, arquiteco e Doutor en Urbanismo; con Isabel Prego, celadora no Chuac; e Jesús López Romalde, catedrático de Microbioloxía e director do Departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía da Universidade da Coruña. Así como con Luís Rei, recepcionista de Mercadoría nun hipermercado da Coruña; Marta Rial Chorén, psicóloga e activista da Plataforma Mina Touro-O Pino NON; Mónica Fernández, auxiliar de enfermería no Chus; Rita del Lago, cociñeira no centro de maiores de Celanova, Sagrario Fernández, Traballadora Social no Hula; Sofía Riveiro Olveira, educadora social; e Jessica Rei, da plataforma Salvemos a Comarca de Ordes. O programa complétase coa música de Magín Blanco, Radio Infame, Guadi Galego, Xabier Díaz, Cuarta Xusta, Ruxe Ruxe e Zënzar __ Entra na TRIBO e convida tamén ás túas amizades a que o fagan. Aquí tes máis informacion www.atribo.gal twitter.com/ATriboRadio https://www.facebook.com/ATriboRadio https://www.instagram.com/atribo.gal/…
プレーヤーFMへようこそ!
Player FMは今からすぐに楽しめるために高品質のポッドキャストをウェブでスキャンしています。 これは最高のポッドキャストアプリで、Android、iPhone、そしてWebで動作します。 全ての端末で購読を同期するためにサインアップしてください。